Por medio dos meus compañeiros de
Aulablog, dou coa ferramenta
Zoomblog para a creación de blogs.
ZoomBlog é, como o describen os seus creadores, "un servizo de blogs desenvolto polo equipo de
eListas, e integrado co proxecto
eGrupos.net que se agrupa baixo un completo contorno "social" numerosos servizios integrados (listas de correo, contactos, álbum de fotos, publicación de ficheiros, enquisas, compra/venta e subastas, etc. ...e agora... blogs".
Trasteando coa ferramenta, coincido cos seus creadores que se trata dun contorno de xestión dinámico, e con posibilidades moi interesantes.
Seguindo as súas indicacións, primeiro abrín unha conta en eGrupos.net e seguín as precisas indicacións para a creación do blog. No formulario para a creación do mesmo atopeime con que nos ofrecen tres niveis de capacitación (iniciación, intermedio e experto), o que o convirte nunha plataforma ideal, sobre todo para aqueles que se inician no mundo dos blogs e que desexan personalizar e configurar o seu blog completamente, integralo con outros servizos, etc.
Ao entrar na interface de administración, atopeime cun panel moi sinxelo e estupendamente ben explicado; ademais levei a grata sorpresa de que podes importar e exportar os contidos doutros servizos de blogs, como por exemplo de blogger ou blogia (como foi no meu caso), probei e... faacil.
Probei a moodificar as plantillas para traducilas ao galego (podería ser a calquera outro idioma e... faaacil)
Incorpora un servizo de estatísticas (sinxelo, pero suficiente) e dispón da posibilidade de sindicación, postear por mail, e recibir todo tipo de retroalimentación básico para ter un bo seguimento do blog. Permite incorporar etiquetas (tags) ás entradas e a súa ligazón ao sitio que desexes (ZoomBlog, Technorati, Flickr, Del.icio.us ou calquera outro).
Permite tamén aceptar que outras persoas remitan os seus posts ao blog e que sexan publicados ao mesmo.
Para o pouco que trastei con esta ferramenta, pareceume estupenda; tanto que a pesar da morriña que me dá mudarme, bastou media hora para animarme a que en breve, en canto deixe de ser unha ferramenta beta, zoomblog sexa o sustento de
Sekeirox.
A miña proba:
http://sekeirox.zoomblog.comUn saúdo:
Carlos Santos